"Unha terra inzada de palabras"

 Os alumnos e alumnas de 4º da ESO e 1º de Bach. convertéronse en lexicógrafos ó longo deste curso, e decidiron botarse ós camiños para xuntar a riqueza toponímica relacionada co monte que conservan nas  súas aldeas. Logo clasifiraron todos eses topónimos en tipos, analizaron o seu significado, etimoloxía, composición morfolóxica, e semántica. E como tivemos a Vicente Feijoó no noso IES, coordinador de Galicia Nomeada, os de 3º meteron toda esa toponimia que xuntaron nesta páxina, para que así ese tesouro lingüístico se conserve per secula seculorum. Parabéns rapaces e rapazas!!! Pode dicirse que na Limia temos, ademais de grandes pataqueiros, grandes lingüistas!!!!! Pica


Comentarios