Repoboamos o noso cole!

    Aínda que o noso centro presenta unha considerable masa arbórea se o comparamos con outros, hai algunhas zonas algo espidas, e esa foi a razón pola que o noso alumnado de 4ºC, tan comprometido co medio ambiente, decidiu pórse ó choio, e o resultado non foi tan malo: plantáronse 20 novas amiguiñas, que xa campan vizosas e fértiles no IES. Agora só nos queda agardar a que crezan, mais por falta de agarimo non ha ser!!!!!! 

    Agradecementos a Tomás, antigo profesor de Bioloxía, e á nosa benquerida Marina!!! Lembrarémonos de vós cando paseemos baixo as súas pólas nas gardas de recreo!😍

 Enlace do vídeo

Comentarios