"Visitando un colmear e unha horta ecolóxica"

 O alumnado de 4º da ESO visita o colmear e a horta ecolóxica de Mimá, en Allariz, para incidir en que do monte saen, directa ou indirectamente, produtos de grande calidade e con moita saída no mercado. Aproveitamos tamén para pór en valor o traballo das abellas , pois grazas á polinización que elas levan a cabo é posible a reprodución de numerosas especies vexetais nos nosos ecosistemas, e a produción de alimentos. En Mimá recibiunos María José, a quen lle estamos moi agradecidos por tan agarimoso recibimento. Ela é sen dúbida un bo exemplo de emprendedora, pois despois de ter estudado a carreira de Bioloxía, decidiu embarcarse, coa súa parella, neste lindo proxecto de apicultura e horta ecolóxica. 

Abellas e xente como María José son esenciais para ter un  MONTE VIVO!  

Pica


Comentarios