"Coñecendo o Ciclo de Forestal no IES Cidade de Antioquía"

 

 O alumnado de 4º ESO, onde este proxecto do Monte vivo calou dun xeito especial, foi coñecer o ciclo de Forestais que se imparte no instituo da Limia Cidade de Antioquía. O obxectivo principal desta saída foi brindar aos nosos estudantes a oportunidade de mergullarse no mundo da xestión forestal e da biodiversidade. Introducíronnos no concepto de silvicultura e explicáronnos como se leva a cabo a planificación e xestión dos bosques. Ademais, tivemos a oportunidade de presenciar como se fan os plantíos de distintas especies arbóreas, axudando así a comprender a importancia destes esforzos para garantir a sustentabilidade a longo prazo. Esta saída ao ciclo de Forestal non só nos brindou unha valiosa aprendizaxe, senón que tamén espertou unha conciencia sobre a importancia de protexer e conservar os nosos recursos naturais. Queremos agradecer ao profesorado que nos recibiu o seu tempo e a boa acollida que nos deron. Seguro que moitos de nós teremos o monte como unha moi boa alternativa de futuro!🌄🌄🌄🌄🌄🌄 Pica

Comentarios