O 4 de outubro o alumnado de 2º da ESO visitou o mosteiro de Trandeiras, emblemático na contorna, e non só polo seu valor artístico, senón tamén porque está localizado nunha contorna privilexiada dende o punto de vista paisaxístico. Fixemos unha andaina fermosísima, levando o mellor guía que podiamos ter: o forestal Santos. Da súa man aprendemos unha chea de cousas: o concepto de bosque terapéutico, como deben ser as podas das árbores, a mellor posición para pór unha colmea, os bioindicadores, etc. E foi tan completa e gratificante a andaina, que ata falamos de literatura popular, porque Santos compartiu con nós a fermosa lenda dunha moura, que os rapaces e rapazas puideron chegar a ver (os máis "espirituais") mimetizada nun penedo. Sería ela, ante a incredulidade da rapazada nos contos das mouras, a que axotou as abellas que nos aguilloaron na revolta do camiño?!?!?
Canto aprendemos!, e que ben o pasamos. Ademais, descubrimos que na Limia, alumnado e profesorado, somos "moi de MONTE", e se non, ollade que ben o pasamos, coma as cabras, subidos ós penendos máis altos escoitando a vella lenda da moura.
UN DÍA INESQUECIBLE POLO APRENDIDO E VIVIDO!!!!!!
Comentarios
Publicar un comentario