Cando comezamos esta andaina tiñamos en mente moitos obxectivos, pero sen dúbida o prioritario era concienciar contra o lume nunha zona e nunha provincia especialmente castigada por esta problemática. É por iso que quixemos ter con nós a Brif de Laza, pois grazas a eles coñecemos de primeira man as causas, as consecuencias, e as solucións dos lumes cos que estes GRANDES PROFESIONAIS deben enfrontarse cada verán. Viñeron dous brigadistas e un ecoloxista, que nos mostraron incluso moitos dos trebellos que usan na extinción. Sen dúbida, agora temos máis claro a valía destes anónimos heroes, e de todo o que hai detrás dos incendios. E pensamos que algunha que outra vocación puido ter nacido entre os asistentes, moi atentos a todo o que os ponentes contaban. Pero, sobre todo, estamos contentos porque ese encontro cos "homes do lume"serviu para sementar conciencia medioambiental. Grazas por virdes!!!!!!!!!
Agradecementos a Lucía, a profesora de Bioloxía, por contactar con eles.
Comentarios
Publicar un comentario