Aves da nosa contorna!

 Protexer o medio natural inclúe a defensa de todas as súas especies animais e vexetais, mais tamén o coñecemento delas. Por ese motivo a nosa profe de Bioloxía, Lucía, puxo os alumnos e alumnas de 1º da ESO a investigar as aves da contorna. Durante dúas semanas estiveron fotografando paxaros no seu hábitat natural. Deseguido, xa na aula, identificáronas con axuda de varias guías, facendo unha ficha co nome común, o científico, e o lugar onde esas fotos foron realizadas. Feito isto, e en grupos, organizáronas por especies. Dalgunhas, as cegoñas, xuntouse moito material; doutras, pola contra, non houbo tanto (das garzas). Tamén se realizou unha busca en internet recollendo datos interesantes para acompañar a posterior exposición. En total, identificáronse 19 especies de aves, que poden verse moitas delas preto das nosas casas na época do ano na que o traballo foi feito (decembro). Este fabuloso proxecto mostra a chiadora biodiversidade que nos rodea, e na que quizais non reparamos no día a día. Porén,  non vos agoniedes se non coñecedes o nome de todas estas especies, porque o máis importante é respectalas e desfrutar do seu lindo canto!🐦🐦🐦🐦🐦🐦

Enlace do vídeo 

 

Comentarios