A natureza ten dereitos. A muller, tamén.

     O 25 de novembro o noso alumnado de 2º ESO, en colaboración co Concello de Xinzo e o Viso (Centro de Desenvolvemento Rural), fixo unha saída á zona recreativa das piscinas de Xinzo. Alí plantamos 38 árbores en homenaxe ás mulleres asasinadas no 2022. Con este acto quixemos alzar a nosa voz contra a lacra da violencia de xénero, sementando tamén unha esperanza nos mozos e mozas que contribuíron no plantío. As árbores foron cedidas polo IES Cidade de Antioquía a través do ciclo de Forestais. Moitas grazas!! Sen dúbida o mellor agasallo que podiades ternos feito!

     Acto seguido fomos á praza, acompañados por membros do Concello, entre eles a alcaldesa, para recitar poemas feitos polos rapaces e rapazas, e nos que se denunciou a violencia de xénero a través de símiles e metáforas vinculadas co mundo natural. 

    Rematado o acto, fomos todos á zona do río para gravar vídeos sobre o léxico natural, emulando o coñecido programa da TVG "DígochoEu". 

    Aproveitamos tamén este espazo para dar un especial agradecemento a Belén, a nosa vice, e a Tomás, antigo profesor de Bioloxía, pois ámbolos dous foron indispensables para que esta actividade se levase a cabo. Obrigadiñ@!!

Enlace vídeo


 
 


Comentarios