A microtoponimia da Limia

    Vivimos rodeados de árbores, plantas, paxaros, rochas,...e tamén de... MOIIIIIITAS PALAAAABRAS!!!, contidas na microtoponimia,  que é esa que designa leiras, regatos, carballeiras, soutos, veigas, e moitas outras realidades naturais coas que convivimos, e cuxos nomes veñen de vello. O noso alumnado de 3º ESO, moi comprometido con toda esa herdanza natural e inmaterial, fixo unha recollida de todas esas verbas, que veñen a describirnos uns costumes que forman parte da nosa cultura, e que ás veces incluso axudan a recuperar lendas ou historias ó iren asociadas a elas. 

   Nesa recollida, traballaron en colaboración cos pais e avós para devolvernos os nomes do seu lugar, moitos xa esquecidos, recordando así moitas veces trazos de identidade, que nunha comarca coma a Limia foron borrados pola parcelaria. 

    Analizaron todo o léxico que escolmaron,  e deseguido subírono a "Galicia Nomeada". Grazas a eles a Limia ten xa a nosa pequena parcela na web!!! Parabéns para esta rapazada tan aplicada!

Coordinadora: Loli Cid.  



Comentarios